Noia: programan no San Bartolomeu un concerto de Maryland, o sábado 25 de agosto

 

Noia: programan no San Bartolomeu un concerto de Maryland, o sábado 25 de agosto


Noia, 2 de agosto de 2012. As datas e programación das festas de San Bartolomeu deste ano están a pecharse, pois xa non quedan máis que tres semanas para que comecen. Hoxe anuncia a concellería de Cultura e Festexos que o vindeiro 25 de agosto, que cadra en sábado, estará en Noia un dos grupos con máis proxección de Galicia. Veñen de Vigo e chámanse Maryland. Presentarán o seu segundo disco, titulado "Get cold feet". A actuación será ás 22:30h na Praza do Tapal. Vai ser un sábado intenso, pois apenas dúas horas despois, estará Kiko Veneno tocando na Alameda.
Relacionadas:

San Bartolomeu 2012: o 24 de agosto, Son de Seu, de balde
San Bartolomeu 2012: o sábado 25 de agosto, Kiko Veneno

San Bartolomeu 2012: o 26 de agosto, Cantajuego
Diseño y soporte: ticgalicia